PROGRAMACIÓN

 2013-2014

TARDES DE CONTOS E LENDAS:
Desde hai anos o último venres de cada mes temos un contacontos na bilioteca. Cantamos, bailamos e escoitamos historias divertidas. Ademais dos pequenos, participan tamén as familias.
.




CLUBES DE  LECTURA
Na biblioteca temos dous clubes de lectura estupendos. "SOPA DE LIBROS" E "AVENTURAS DOS LIBROS", están integrados por xentes divertidas e fabulosas. Que ben o pasamo xuntos!


O martes 18 de febreiro xuntámonos de novo os dous clubes de lectura da Biblioteca Municipal. Nesta ocasión tivemos unha visita moi especial. Emilia Pardo, mestra da Escola Unitaria de Merelle durante moitos anos, fíxonos pasar un rato moi agradabe contándonos cousas da súa labor profesional. Como eran antes as escolas, como se organizaban, a que xogaban nos recreos os escolares...O tempo non chegou a nada!. Gracias pola túa visita Emilia! Esperámoste de novo..














CONTIÑOS PARA COMPARTIR: 

Este programa comezou o pasado mes de xullo. Facémolo en colaboración co CIM  da Mancomunidade de Ordes, e vai dirixido aos CEIPs do Concello de Ordes. Destinado ao alumnado con idades comprendidas entre os cinco e sete anos. Contos para igualdade abordando os roles no fogar, a discriminación, o racismo ... 
(Febreiro, marzo e Nadal de 2013)
No ano 2014, seguimos na mesma liña. O luns 6 e o martes 7 de  marzo  visitáronnos os escolares de 1º e 2º curso de Primaria do CEIP Castelao de Ordes.
Os días 10, 11 e 12 de marzo de 2014, tivemos as visitas dos escolares de 5 anos de Infantil e de 1º e 2º de Primaria  do  CEIP Campomaior.
O día 27 deste mes vireron os escolares do CEIP Mesón do Vento. Todo un luxo!!
















ESCOLAS UNITARIAS:


Coma cada curso, contaremos con visitas das Escolas Unitarias do Concello de Ordes, ás que desde hai anos sumáronse  as de Olas e Visantoña. Visitas didácticas e lúdicas,   encamiñadas a fomentar o uso das bibliotecas públicas e potenciar a Biblioteca Municipal de Ordes. Ademais de explicarlle o concepto e funcionamento dunha biblioteca, teñen sesión de 
Estiveron o pasado mércores de 9 de outubro as 10:00 horas. Nesta ocasión  contamos cunha sesión de contacontos subvencionada pola Consellería de  Cultura. O acto chamouse "Contos para todos" e foi un éxito. Canto rimos!.



VISITAS DOS I.E.S. DO CONCELLO DE ORDES:


 O luns 18 de novembro, recibimos na biblioteca ao curso 2º de ESO do IES Maruxa Mallo de Ordes. Puideron comprobar a colección de cómics e os demais fondos que temos na biblioteca. Tamén coñeceron de primeira man os servicios que ofertamos, ao tempo que, moitos deles, aproveitaron para facerse socios.





Gracias a todo o alumnado e profesorado pola vosa visita!












MOSTRAS E CONMEMORACIÓNS:


Como de costume, faremos mostras de obras relacionadas con autores, e sobre temas variados. Ademáis,  celebramos o Día das Letras Galegas, Día do Libro, Día das Bibliotecas...

Na foto, a visita das Escolas Unitarias á biblioteca o Día do Libro, na que nos obsequiaron cun exemplar precioso escrito e debuxado polos cativos. Sen dúbida, é a xoia dos nosos contos.









A mostra sobre cómic resultou un éxito. Temos máis de 1200 exemplares deste xénero. Vale a pena achegarse e ler.












A mostra que acompañou os nosos "Contiños para compartir" resultou estupenda. Por ela pasaron moitas visitas escolares que disfrutaron das historias que lles contamos...e das que nos contaron a nós.




                                                                                         


















ENCONTROS NA BIBLIOTECA CON...




Xuntanzas das asociacións culturais, deportivas,  de tempo libre, etc. con grupos de usuarios da biblioteca, para compartir experiencias en torno aos libros.








Concello de Ordes